Equipo Brétema

Sandra Capelo
Historiadora da Arte pola USC e ca especialización como técnica en museos e mercado da arte. A miña paixón sempre foi o mundo audiovisual, focalizando os meus estudos nese ámbito.

Teresa López
Historiadora da Arte pola USC e actualmente cursando un mestrado en Estudos Medievais Europeos. As miñas áreas de interese son a arte barroca e as artes decorativas.

Tania Chapela
Licenciada en Historia da Arte pola USC, conto cun mestrado en Xestión Cultural e outro en Educación, os cales reúnen os meus intereses pola didáctica cultural. A miña experiencia desenvólvese especialmente na área de educación de diversos museos galegos.

Tania Paredes
Historiadora da Arte especializada co Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade na USC. Apaixonada polo mundo Antigo e centrada no estudo das figuras femininas presentes tanto na mitoloxía clásica como na Historia da Arte.
_edited.jpg)
Noelia Barcia
Graduada en filoloxía inglesa (2020) e en filoloxía galega (2021). Amante da literatura, focalizando os meus traballos académicos neste eido e na importancia da defensa da cultura e a lingua galega.

Alba Enríquez
Dende 2019 dedícome profesionalmente á avogacía especializándome en dereito cultural e administrativo, o que compatibilizo coa investigación en Dereito da Cultura. Actualmente colaboro coa asociación cultural INSTITUTO (Oporto) e realizo asesoramento xurídico tanto a artistas como a entidades e empresas deste sector.